Proud to be a dinaworker!

E qué mellor maneira de comezar este blog que coa festa da Re-Evolución da dinahosting. Un día especial, o 25 de abril, e un lugar que xa é especial: as novas instalacións da rúa das Salvadas, 41 de Compostela. A nova Casa Dinahosting. Novo local, novas aspiracións e novas enerxías. Aí vai un relatorio incompleto!

Eis o marco incomparábel: a Taberna da República Popular da Dinahosting – democrática e independente, como alguén apuntou máis tarde;) -. Na parede, o menú do día, unha clara conxunción de tradición e modernidade, entre o pote da avoa e a enxeñaría culinaria DH. A tranquilidade que se percibe na foto… moi logo se converteu en trote-galope!

Pois podedes acreditar que isto estaba tan bó como pode parecer. Imaxe e substancia, eh? Sen dúbida os Langostíns en Rack, os meus preferidos. E que dicer do Foie… ai, ai. Estaba todo preparado e ben preparado para a tropa que veu, víu e, con certeza, vencíu ou… ficou vencida;).

E así nos fomos xuntando o mar, o barco e mais nós. @s que facemos posíbel dinahosting, nosas amizades e familiares, os nosos clientes e colaboradores, os nosa viciñanza no barrio de Vista Alegre…

Miudiños, que miudiños estes. Estes dous mociños tan lindos déronnos unha lección de enerxía. Que ímpetu! Que alegría! Sen tregua!

A que ten todo o aspecto de estar todo malísimo? Miguel de seguro que non pensaba o mesmo. Eu tampouco! Non estaba moi fácil escoller o petisco, non.

Bla, bla, bla, bla, bla, bla sen parar! Bla, bla, bla, bla, bla, bla sen parar! Bla, bla, bla, bla, bla, bla sen parar! Bla, bla, bla, bla, bla, bla sen parar! Bla, bla, bla, bla, bla, bla sen parar! Alberto! Que nos estaríamos a contar???

Quen ficou con fame é por que quixo! Bandexas ad infinitum, un sorriso e “Que desexaba o señor?”, asesoramento para saber apreciar texturas e matices… De vicio!

Non hai festa sen dancing-dancing. Para iso estaban os Monkey Fingers. Clásicos de onte e hoxe… Até houbo oportunidade para tomar a iniciativa e atreverse a interpretar algunha peza in the night.

A ver se nos entendemos. Un sarao: peñita guapa e faranduleo, ou que? I feel so good, brotha’.

Regos infinitos de bos caldos do mellor froito da Terra que espallaron finos vapores espirituosos polos nosos corazóns… e até en parte do estranxeiro. Buf!

A escena se cadra máis repetida, amigas e amigos, un abrazo colectivo. E sen medo ao obxectivo. Hai alguén que ficase sen foto?

Esta homenaxe adicada a nós mesm@s continuou da mellor maneira n’a Cova, o apéndice loxístico da nosa casa, e acabou… pois acabou cadaquén co seu xeito, como debe ser. E como dicimos no meu clan: “D’hoxe en moitos anos, che!”.
Este es el blog del equipo de personas que trabajamos en dinahosting. Somos los que estamos al otro lado del teléfono cuando tienes una duda, los que cuidamos de que todo funcione a pleno rendimiento, los que desarrollamos ideas para que todo te resulte más cómodo...
Henry Odell
9 de Mayo del 2008 a las 1:50 pm
Enhorabuena por la inauguración!! Cuántas ganas de haber estado ahí con vosotros!!!
Felicitaciones por el cartel conmemorativo, me gusta mucho, y las camisetas, muy buenas también.
Una sugerencia para los “amigos virtuales”, sería bueno poner nombres en las fotos, y así poder pponer “caras” a todos aquellos con los cuales estamos en contacto frecuentemente.
Saludos!!
Ricardo
9 de Mayo del 2008 a las 3:20 pm
Soy cliente vuestro desde los origenes, desde que teniais esas máquinas en USA y Ruben me respondia correos de madrugada con no se que batallas del hosting de turno, asi que doy fe del buen hacer y de la evolucion y progresion de esta empresa, con una forma de trabajar muy abierta y siempre innovando y mejorando servicios.
Viendo esas fotos, dan ganas de trabajar con vosotros, y de haber estado en esa fiesta.
Salu2!
Ruben Bouso
10 de Mayo del 2008 a las 1:36 am
Hola Ricardo, me alegro de leer tu mensaje, la verdad es que seguimos tratando de mejorar un poco cada día que pasa.
Lo de los correos a las tantas de la madrugada me acuerdo perfectamente jeje! Si algún día te pasas a visitarnos estaremos encantados!!
Un abrazo!
Rubén
Anahí
11 de Mayo del 2008 a las 5:43 am
Eu levo uns catro anos convosco e teño claro que sode-los mellores.