aproveito uns intres de soidade para facer algunhas anotacións no caderno de bitácora. estamos en misión exterior, nunha atmosfera de xistral e auga a unha altitude considerable. a tripulación e mais eu xa estamos afeitas, tócanos como mínimo unha visita semanal, sempre hai cousas que reparar por estes lares. revisando os novos sistemas de comunicación acabados de instalar descubro mensaxe de s. na que me comunica a inminente saída do buraco. latéxame o corazón. decátome de que en todo este tempo levo pensando e escribindo moito sobre el, cousas se cadra até improcesables.
Aterraxe con atmosfera de xistral auga

nalgures, xa en territorio miñoto, repostando na furgona, a noite cae sobre nos, camiño do porto.

pregúntome qué contestará todas as preguntas que se foron acumulando neste tempo nas miñas palabras, explícitas ou implícitas, se haberá sequera unha contestación, se cadra simplemente perdéronse co transitar polo espazo exterior…

o que sexa …
 outra outra outra

dende o outro lado da ribeira do douro, a perspectiva do porto, e o seu “vinho” dánola súa benvida, vémolo todo doutro xeito :D.

penso nas ideas de onte que me daban voltas e máis voltas á cabeza. digo, concéntrese, reimon, que non ten sentido pensar en certas cuestións cando o que hai é o que hai, non se move e non o vai facer nunca.  A rua das compras

mercando no corazón da cidade, o pulso da mesma responde as necesidades do mercado, fáisenos preciso levar algo para lembrar a experiencia.

voume tatuar (de maneira permanente, claro) a frase célebre do correo das súas cousas son as que hai, non cabe agardar milagres, etc (as distancias non se acurtan ou algo así, teño mala memoria para as citas literais e os nomes, excepto os das alumnas, que os aprendo ipso facto como estratexia de intimidación).
 submundo en Porto

un novo submundo no porto, o moderno metro, e os seus usuarios, contrasta co sabor da cidade patrimonio histórico da humanidade.

daquela, se todo isto é así, para qué darlle voltas a se hai un caladán, dous ou ningún? para qué pensar no que podo significar para s. se non ten relevancia ningunha?… o de soñar, claro, é outro cantar.
 a catedral da cultura, o acceso aos libros

tras o material, o espiritual, encher as nosas mentes de literatura, unha mañá na “livraria lello” inspira a calquera.

se cadra algunha das nosas expertas químicas inventa unhas pílulas para eliminar este terrible hábito.

a misión reclama a miña atención.o tempo faino todo perigoso. xa non sería a primeira vez (nin a segunda) que caen os teitos. non me gustaría estar debaixo, por estraño que pareza ante algúns dos meus comentarios. qué se lle vai facer.
 Ri

chegou domingo, xa pensando no retorno a Compostela, despedímonos, despois dunha noite intensa, dende a ponte que pensou Eifel, símbolo da cidade.

será que me alegra perspectiva das cinco da tarde (nin idea de en qué misión estarei eu para daquelas) ou a de despois das cinco da mañá, chegan rumores de que s. segue aínda con media nao no buraco e non é aínda momento de alegrarse. ah, a alegría, esa inoportuna…
 Ri

No buda bar de Lavra, o cafe, imprescindible e gostoso, antes de emprendermos rumbo, as nosas caras dino todo ;)

fin da anotación, da nosa viaxe ao porto.

Fotos
www.davidcabezon.com
Obrigadão, ;)

Comparte esta anotación These icons link to social bookmarking sites where readers can share and discover new web pages.
  • bodytext
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Google
  • BarraPunto
  • Meneame
  • Technorati
  • Print this article!
  • E-mail this story to a friend!