No día de onte recibimos na Casa Dinahosting unha visita moi especial: un grupo de alunos e alunas do Instituto IES Xulián Magariños, de Negreira. Os futuros Administradores de Sistemas poideron coñecer de perto como é a dinahosting por dentro.

Para alén de visitar as nosas instalacións e poder comprobar como traballamos e que solucións damos aos nosos usuarios, ofrecémoslles unha panorámica de como está deseñada a nosa infraestrutura tecnolóxica tanto a nivel de Rede como de Data Center.

Poidemos constatar que a grande preocupación que traían consigo era o acceso a un posto de traballo, e formuláronnos perguntas darredor do noso convenio - que se pode descargar na nosa páxina -. Esperamos ben que algúns deles escollan facer as súas prácticas connosco!

Ficamos moi felices porque porque finalmente poidemos cumprir unha idea que nos rondaba na cabeza: ter unha maior proximidade dos rapaces e raparigas que se están a formar na nosa área. Gostaríamos moito, na medida do posíbel, de ofrecerlles unha aproximación útil da realidade do sector e contribuir a que a súa formación sexa un bocadiño máis completa.

Comparte esta anotación These icons link to social bookmarking sites where readers can share and discover new web pages.
  • bodytext
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Google
  • BarraPunto
  • Meneame
  • Technorati
  • Print this article!
  • E-mail this story to a friend!