A Nave de Vidán, restaurante e espazo cultural. Entramos?

PorAdriana Freire

A Nave de Vidán, restaurante e espazo cultural. Entramos?

Tienes una versión en castellano al final de este post.

A Nave de Vidán é un proxecto cultural e gastronómico para Compostela e comarca, un punto de encontro de persoas e historias, dos amantes da cultura e do bo comer. Deixámosche coa súa entrevista!

A Nave era en orixe un almacén industrial. Quen foi o visionario?

Andabamos a buscar un espazo amplo onde poder desenvolver a idea, con oferta para todas as horas do día. Aínda que é certo que non estaban na nosa idea 1000 m2, como ten A Nave, vímola, gustounos o espazo diáfono que tiña e tirámonos de cabeza.

No voso restaurante, que papel xogan os produtos do país?

Os produtos locais son o fundamento da nosa cociña, acudimos todos os días á Praza de Abastos e de alí provén unha boa parte do que servimos no prato. Sempre que visito unha cidade, visito a Praza de Abastos, e de momento aínda non conseguín ver unha con tanto produto variado coma a nosa.

Que pensan as vosas avoas dos pratos que servides?

Temos unha cociña moi tradicional, algúns chámanlle minimalista, primamos a calidade cunha elaboración sinxela para poder ofertala a bo prezo. Pode haber máis queixas en sectores que asocian comer fóra con algo distinto ao que habitualmente fas na túa casa. Nós somos o contrario, queremos que sexa coma na casa, hai moita xente que come habitualmente fóra e bota de menos esa cociña.

Para moitos, sodes cuartel xeneral á hora de comer! Onde credes que radica o voso éxito?

A situación é moi cómoda para a xente que se move en coche para traballar, hai aparcamento e vías rápidas de acceso, a un paso da salida e entrada da AP9, e a outro paso do hospital e do Campus Vida. Tamén que temos unha oferta tradicional pero moi variada, incluíndo o que tamén tradicionalmente hoxe en día se come: pastas, saladas, tostas, pizzas, burguers, sándwiches…

anave2

Como espazo cultural, acolledes unha chea de espectáculos musicais, culturais e de ocio.

Efectivamente, cedemos o Espazo a toda aquela xente que ten algo que ofrecer e non ten onde ou gosta do noso espazo polos motivos que sexan.

Nesta época tedes en marcha #VidánTaménNoVerán. De que vai esta proposta?

A cidade empeza a estar en determinadas épocas do ano moi masificada pola afluencia de visitantes/turistas. En Vidán a vida segue igual #taménoverán, coa excepción da fin de semana, na que Santiago queda practicamente deserta: praias, festas… entón aí a Nave aproveita tamén para folgar. O resto da semana incluso ampliamos un pouquiño máis o horario, até as 23.30 h. Calor, festa, terraza, noitiña

Xa camiño do sexto aniversario, facédesnos un balance rápido?

Tempo de resistencia, con moitas ideas na cabeza e poucos cartos.

E con dinahosting, que tal?

Estupendamente! É un luxo asiático que xestione este servizo unha empresa galega e picheleira, e tan ben, por certo. Un servizo de 10 e de KM 0.

………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………..

A Nave de Vidán, restaurante y espacio cultural. ¿Entramos?

Versión en castellano

A Nave de Vidán es un proyecto cultural y gastronómico para Compostela y comarca, un punto de encuentro de personas e historias, de los amantes de la cultura y del buen comer. ¡Te dejamos con su entrevista!

A Nave era en origen un almacén industrial. ¿Quien fue el visionario?

Estábamos buscando un espacio amplio donde poder desarrollar la idea, con oferta para todas las horas del día. Aunque es cierto que no estaba en nuestra mente 1000 m2, como tiene A Nave, la vimos, nos gustó el espacio diáfono que tenía y nos tiramos de cabeza.

En vuestro restaurante, ¿qué papel juegan los productos del país?

Los productos locales  son el fundamento de nuestra cocina, acudimos todos los días a A Praza de Abastos y de allí proceden una buena parte de lo que servimos en el plato. Siempre que visito una ciudad, visito la Plaza de Abastos, y de momento aún no conseguí ver una con tanto producto variado coma la nuestra.

¿Qué piensan vuestras abuelas de los platos que servís?

Tenemos una cocina muy tradicional, algunos le llaman minimalista, primamos la calidad con una elaboración sencilla para poder ofertarla a buen precio. Puede haber más quejas en sectores que asocian comer fuera con algo distinto a lo que habitualmente haces en tu casa. Nosotros somos lo contrario, queremos que sea coma en casa, hay mucha gente que come habitualmente fuera y echa de menos esa cocina.

¡Para muchos sois cuartel general a la hora de comer! ¿Dónde creéis que radica vuestro éxito?

La situación es muy cómoda para la gente que se mueve en coche para trabajar, hay aparcamiento y vías rápidas de acceso, a un paso de la salida y entrada de la AP9, y a un paso del hospital y del Campus Vida. También que tenemos una oferta tradicional pero muy variada, incluyendo lo que tradicionalmente se come hoy en día: pastas, saladas, tostas, pizzas, burguers, sándwiches…

Como espacio cultural acogéis un montón de espectáculos musicales, culturales y de ocio.

Efectivamente, cedimos el Espacio a todos aquellos que tienen algo que ofrecer y no tienen o les encanta nuestro espacio por los motivos que sean.

En esta época tenéis en marcha #VidánTaménNoVerán. ¿De qué va esta propuesta?

La ciudad empieza a estar en determinadas épocas del año muy masificada por la afluencia de visitantes/turistas. En Vidán la vida sigue igual #taménoverán, con la excepción del fin de semana, en que Santiago queda prácticamente desierta: playas, fiestas… entonces ahí la Nave aprovecha también para descansar. El resto de la semana incluso ampliamos un poquito más el horario, hasta las 23.30 h. Calor, fiesta, terraza, noche

Estáis cerca del sexto aniversario, ¿nos hacéis un balance rápido?

Tiempo de resistencia, con muchas ideas en la cabeza y poco dinero.

Y con dinahosting, ¿qué tal?

¡Estupendamente! Es un lujo asiático que gestione este servicio una empresa gallega y picheleira, y tan bien, por cierto. Un servicio de 10 y de KM 0.

 

Sobre el autor

Adriana Freire administrator

Deja un comentario

  Acepto la Política de privacidad