Montenoso

Montenoso e o seu traballo polo monte comunal

|

Tiempo de lectura: 5 minutos

Actualizado el viernes, 21 julio, 2023

Tienes una versión en castellano al final de este post.

Montenoso é unha comunidade que visibiliza e dinamiza os montes en man común e as comunidades que os xestionan. Isto foi o que nos contaron.

Para comezar, quen está detrás de Montenoso? Queremos poñervos caras! 🙂

Detrás de Montenoso están as comuneiras que entrevistamos e que imos atopando, pero como coordinadoras ou dinamizadoras estamos un grupo chamado “O Piñeiro”, formado polas persoas máis activas: Vanesa Castro, axitadora cultural da produtora Für Alle Fälle; Andrea Olmedo; Alex F. Palicio, investigador e arquitecto de tecnoloxía/s apropiada/s; Fran Quiroga, investigador rarito independente; Iñaki López, artista multimedia da asociación Rural-C; e Pablo Blanco.

Como se xestiona Montenoso?

Montenoso é unha comunidade activista e militante, unha comunidade de aprendizaxe. Funcionamos coma unha CMVMC, de xeito mancomunado. Temos un sistema de toma de decisións asambleario e grupos de traballo que levan adiante accións específicas. Todos os procesos son transparentes e abertos. Usamos pads e documentos colaborativos e reunímonos de forma online, xa que vivimos en Monfero, Betanzos, Vigo ou Barcelona.

As ferramentas dixitais son fundamentais, aínda que tamén nos gusta encontrarnos presencialmente e patear os montes coas comunidades.

Un dos vosos alicerces é a formación a través de charlas e talleres. Como é a resposta da xente? Facédenos unha axenda dos próximos encontros.

Existe un amplo descoñecemento sobre as comunidades de montes veciñais en man común de Galicia. A xente sorpréndese cando comprende esta realidade e as súas posibilidades.

Os próximos encontros confórmanos as accións formativas de O monte no móbil e as vindeiras iniciativas do PEMAN.

Logo, de quen son propiedade os montes comunais?

Os montes veciñais en man común son privados, pero privados dunha comunidade de veciñas que é cambiante, xa que un entra a formar parte dela mentres viva nunha determinada parroquia ou lugar, e deixa de ser propietaria dela cando marcha a vivir a outro lado. Por lei son unha propiedade privada, pero a diferencia coa propiedade privada habitual é que esta non se pode dividir, nin herdar, nin escriturar.

Andades metidos na creación dunha app de información das Comunidades de Montes. Que boa idea!

Pois é unha idea que nace coas comuneiras, unha idea bottom-up. Andabamos traballando en como facer máis visible a cartografía de Montenoso e foron as propias comuneiras as que apostaron por facer unha ferramenta móbil que lles permita xeolocalizar o seu patrimonio (material e inmaterial), os eventos e produtos da comunidade.

Agardamos que sirva tamén como ferramenta de remuda xeracional.

E co proxecto online #LandMarkMap. Galicia xa conta coa súa manchiña no mapa 😉

Si, foi por iniciativa dun comuneiro da comunidade de montes veciñais de Froxán, en Lousame. Nós tiñamos traballado as capas dos montes veciñais galegos, xa que non existía ningunha cartografía onde aparecese esa “mancha” do común de Galicia (que ocupa case un tercio da superficie forestal de Galicia).

No verán o risco de lumes é maior. Que nos aconsellades para gozar do monte e á vez protexelo?

Ir vivir a unha aldea, a poder ser, con monte veciñal en man común e ter ganas de implicarse na súa xestión, para poder gozalo, aproveitalo e valoralo. É un proceso longo e complexo, xa que supón entrar a formar parte dunha comunidade de persoas que xa existe. Mais, malia as súas dificultades, pensamos que merece moitísimo a pena.

Se queredes ir un día ver un monte juapo podedes visitar a CMVMC do Carballo, en Friol, e en especial o evento da Rapa das Bestas que ten lugar o último domingo de xullo.

Na dinahosting gustaríanos acompañarvos un monte de anos máis.

Graciñas. A verdade é que agardamos renovar a web máis axiña que tarde 😉

………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………..

Versión en castellano

Montenoso y su trabajo por los montes vecinales

Montenoso es una comunidad que visibiliza y dinamiza los montes vecinales y las comunidades que los gestionan. Esto fue lo que nos contaron.

Para empezar, ¿quién está detrás de Montenoso? ¡Queremos poneros caras! 😀

Detrás de Montenoso están las comunidades que entrevistamos y que vamos encontrando, pero como coordinadoras o dinamizadoras estamos un grupo llamado “O Piñeiro”, formado por las personas más activas: Vanesa Castro, de la productora Für Alle Fälle; Andrea Olmedo; Alex F. Palicio, investigador y arquitecto de tecnología/s apropiada/s; Fran Quiroga, investigador rarito independiente; Iñaki López, artista multimedia de la asociación Rural-C; y Pablo Blanco.

¿Cómo se gestiona Montenoso?

Montenoso es una comunidad activista y militante, una comunidad de aprendizaje. Funcionamos como una CMVMC, de manera mancomunada. Tenemos un sistema de toma de decisiones asambleario y grupos de trabajo que llevan adelante acciones específicas. Todos los procesos son transparentes y abiertos. Usamos pads y documentos colaborativos y nos reunimos de forma online, ya que vivimos en Monfero, Betanzos, Vigo o Barcelona.

Las herramientas digitales son fundamentales, aunque también nos gusta encontrarnos presencialmente y patear los montes con las comunidades.

Uno de vuestros pilares es la formación a través de charlas y talleres. ¿Cómo es la respuesta de la gente? Hacednos una agenda de los próximos encuentros.

Existe un amplio desconocimiento sobre las comunidades de montes vecinales al contado común de Galicia. La gente se sorprende cuándo comprende esta realidad y sus posibilidades.

Los próximos encuentros los conforman las acciones formativas de O monte no móbil y las próximas iniciativas del PEMAN.

Entonces, ¿de quién son propiedad los montes comunales?

Los montes vecinales son privados, pero privados de una comunidad de vecinos que es cambiante, ya que uno entra a formar parte de ella mientras viva en una determinada parroquia o lugar, y deja de ser propietario de ella cuando se marcha a vivir a otra parte. Por ley son una propiedad privada, pero la diferencia con la propiedad privada habitual es que ésta no se puede dividir, ni heredar, ni escriturar.

Estáis metidos en la creación de una app de información de las Comunidades de Montes. ¡Qué buena idea!

Pues es una idea que nace con las comunidades, una idea bottom-up. Estábamos trabajando en cómo hacer más visible la cartografía de Montenoso y fueron las propias comunidades las que apostaron por hacer una herramienta móvil que les permita geolocalizar su patrimonio (material e inmaterial), los eventos y productos de la comunidad.

Esperamos que sirva también como herramienta de relevo generacional.

Y con el proyecto online #LandMarkMap. Galicia ya cuenta con su “mancha” en el mapa 😉

Sí, fue por iniciativa de un miembro de la comunidad de montes vecinales de Froxán, en Lousame. Nosotros habíamos trabajado las capas de los montes vecinales gallegos, ya que no existía ninguna cartografía donde apareciera esa “mancha” de monte vecinal de Galicia (que ocupa casi un tercio de la superficie forestal de Galicia).

En verano el riesgo de fuegos es mayor. ¿Qué nos aconsejáis para disfrutar del monte y a la vez protegerlo?

Ir a vivir a una aldea, a poder ser, con monte vecinal en propiedad común y tener ganas de implicarse en su gestión, para poder disfrutarlo, aprovecharlo y valorarlo. Es un proceso largo y complejo, ya que supone entrar a formar parte de una comunidad de personas que ya existe. Pero, a pesar de sus dificultades, pensamos que merece muchísimo la pena.

Os recomendamos que visitéis la CMVMC do Carballo, en Friol, y en especial el evento de “A Rapa das Bestas” que tiene lugar el último domingo de Julio.

En dinahosting nos gustaría acompañaros un montón de años más.

Muchas gracias. La verdad es que esperamos renovar la web más pronto que tarde 😉


Avatar de Comunicación Dinahosting

Comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Newsletter

Suscríbete y recibe periódicamente consejos muy útiles para tu web y ecommerce 🙂 Además, te regalamos
3 guías
: Digitalización, WordPress y Ciberseguridad.

Conviértete en afiliado

Gana dinero recomendando dinahosting a todo el mundo.