Por moitos anos máis, Sesións Destelo!

PorAdriana Freire

Por moitos anos máis, Sesións Destelo!

Tienes una versión en castellano al final de este post.

Miguel Grandío xa rematou o seu Traballo de Fin de Grao, pero ás súas Sesións Destelo aínda lles queda un bonito camiño por diante. Trala pausa estival, espéranos unha segunda tempada de música, música e máis música en galego!

Ola Miguel, como estás? Quedarías a gusto co Traballo de Fin de Grao! 😀

Ola! Pois si, claro! Os Traballos de Fin de Grao son un trámite académico para moitos, pero tamén hai quen preferimos velo como un reto e intentar construír algo que traspase as paredes da facultade. No meu caso, vindo duns estudos de comunicación cunha importante parte creativa, pensei as Sesións Destelo como unha oportunidade para desenvolver aptitudes técnicas, para axudar na divulgación da música en galego e, por que non, que me servise de carta de presentación ao mundo laboral.

En tres palabras, que é Sesións Destelo?

Pois vou escoller as que abren o noso sitio web: música, acústica, (en) galego.

Que teñen en común todas as persoas que integran este proxecto?

Que son xente riquiña que nos regalou o seu tempo para participar do proxecto, por suposto! E logo, claro, que fan música en galego 🙂

Artistas de Galicia e que usan a lingua propia do país. Que ben soa!

Madía leva! Somos amantes da música, independentemente de que sexa instrumental ou da lingua que empregue, mais si que é certo que neste proxecto se esixe que a canción interpretada sexa en galego; é unha forma de poñer en valor a lingua propia e de servir de xanela aos grupos que a empregan decote.

Realmente aínda existen prexuízos e hai quen se sorprende de que un grupo de música (non tradicional) compoña en galego. Cada vez menos, pero aínda non hai moito escoitaba nun bar a dúas persoas comentar noutra mesa: “Te fijaste? Los del segundo grupo cantaban en gallego”. Non era de xeito despectivo, senón como sorpresa. Para que a lingua empregada na música non sexa o tema de debate temos que chegar a normalizar o galego nos escenarios, e nós queremos aportar o noso gran de area.

Gravades as sesións en lugares atípicos. Un dos últimos escenarios, o vello Land Rober de Ruxe-Ruxe.

Onde gravar é unha decisión moi importante que tomamos a medias cos grupos, xa que nos gusta que os lugares signifiquen algo para eles. O do Land Rover foi un deses comentarios medio en serio, medio en broma, que ao final foi adiante. Pareceunos algo diferente e á vez fermoso, xa que foi o primeiro vehículo de xira dos Ruxe-Ruxe. Fixástesvos como soa? Se a orquestra Panorama cambia os catro ou cinco trailers que levan pola comodidade dun vello Land Rover, que saibades que temos parte de culpa!

ruxefinal

Engadimos un W máis á vosa lista. Trala pausa estival, para cando máis música?

Pois estamos en plena fase de produción, falando coas bandas e solistas e vendo como concretar cada unha das gravacións. Mentres tanto, imos optimizando cousas no sitio web e planificando contidos, sempre hai algo que facer! Bótalle que a comezos de 2018 poderemos ver novas bandas nas Sesións Destelo.

Seguides á busca de artistas? Podemos aproveitar para facer un chamamento.

Claro! O que pasa é que as cousas van lentas porque isto non dá de comer, e tanto as artistas participantes coma nós ímolo facendo no tempo libre. Temos unha pequena lista de xente coa que está pendente gravar cando chegue a posibilidade, mais non nos importa que a lista medre. Que nos contacten! 😉

Polo hosting que non quede, é un gusto patrocinarvos!

O gusto é noso! Moitas grazas por apoiar proxectos coma este, pola entrevista e polo trato exquisito que nos dades sempre.

…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………..

Versión en castellano

Por muchos años más, Sesións Destelo!

Miguel Grandío ya terminó su Trabajo de Fin de Grado, pero a sus Sesións Destelo aún les queda un bonito camino por delante. Tras esta pausa estival, nos espera una segunda temporada de música, música ¡y más música en gallego!

Hola Miguel, ¿como estás? ¿Contento con el resultado del Trabajo de Fin de Grado? 😀

¡Hola! ¡Pues si, claro! Los Trabajos de Fin de Grado son un trámite académico para muchos, pero también hay quienes preferimos verlo como un reto e intentar construir algo que traspase las paredes de la facultad. En mi caso, viniendo de unos estudios de comunicación con una importante parte creativa, pensé en las Sesións Destelo como una oportunidad para desarrollar aptitudes técnicas, para ayudar en la divulgación de la música en gallego y, por qué no, que me sirviese como carte de presentación al mundo laboral.

En tres palabras, ¿qué es Sesións Destelo?

Pues voy a elegir las tres que abren nuestro sitio web: música, acústica, (en) gallego.

¿Qué tienen en común todas las personas que integran este proyecto?

Que son gente riquiña que nos regaló su tiempo para participar del proyecto, ¡por supuesto! Y condición imprescindible, que hacen música en gallego 🙂

Artistas de Galicia y que usan la lengua del propio país. ¡Qué bien suena!

¡Y tanto que sí! Somos amantes de la música, independientemente de que sea instrumental o de la lengua que utilice, peor si que es cierto que en este proyecto se exije que la canción interpretada sea en gallego; es una forma de poner en valor la lengua propia y de servir de ventana a los nuevos grupos que la utilizan.

Realmente aún existen prejuicios y hay quien se sorprende de que un grupo de música (no tradicional) componga en gallego. Cada vez menos, pero no hace mucho que escuché en un bar a dos personas comentar en otra mesa: “¿Te fijaste? Los del segundo grupo cantaban en gallego”. No era un comentario despectivo, sino de sorpresa. Para que la lengua utilizada en la música no sea tema de debate tenemos que normalizar el gallego en los escenarios, y nosostros queremos aportar nuestro grano de arena.

Grabáis las sesiones en lugares atípicos. Uno de los últimos escenarios, el viejo Land Rober de Ruxe-Ruxe.

El lugar donde grabar es una decisión muy importante que tomamos a medias con los grupos, puesto que nos gusta que los lugares signifiquen algo para ellos. Con el Land Rover empezamos en broma, y al final salió bien. Nos pareció un lugar diferente y a la vez hermoso, ya que fue el primer coche de gira de Ruxe-Ruxe. ¿Os fijasteis en como suena? Si la orquesta Panorama cambia los cuatro o cinco trailers que tiene por la comodidad de un viejo Land Rover, ¡que sepáis que tenemos parte de culpa!

Añadimos una W más a vuestra lista. Tras la pausa estival, ¿para cuándo más música?

Pues estamos en plena fase de producción, hablando con las bandas sonoras y solistas y viendo cómo concretar cada una de las gravacións. Mientras, vamos optimizando nuestro sitio web y planificando contenidos, ¡siempre hay algo que hacer! A principios de 2018 poderemos ver nuevas bandas en las Sesións Destelo.

¿Seguís buscando artistas? Podemos aprovechar para hacer un llamamiento.

¡Claro! A veces las cosas van lentas porque no sacamos ningún rendimiento económico de esto, y tanto los artistas participantes como nosotros lo hacemos en el tiempo libre que tenemos. Tenemos una pequeña lista de gente con la que está pendiente gravar cuando tengan posibilidad, pero encantados de que la lista crezca. ¡Que nos contacten! 😉

Por el hosting que no quede, ¡es un placer patrocinaros!

¡El placer es nuestro! Muchas gracias por apoyar proyectos como este, por la entrevista y por el trato exquisito que nos dais siempre.

Sobre el autor

Adriana Freire administrator

Deja un comentario

  Acepto la Política de privacidad