XantarDev

XantarDEV, facendo comunidade en Galicia

|

Tiempo de lectura: 6 minutos

Actualizado el jueves, 25 mayo, 2023

Tienes una versión en castellano de esta entrevista al final del post.

XantarDev nace en abril do 2016 cunha clara intención: agrupar nunha mesma comunidade a profesionais do desenvolvemento web e da programación. Queremos saber en que andan metidos, e David Gonzalo, incauto! respondeu a todo o que lle preguntamos 🙂

Vaia nome vos gastades, a conto de que vén <XantarDev/>?

O nome da comunidade vén dunha sesión vermú entre amigos de traballo que acabou nun xantar no que falamos de experiencias, proxectos e tecnoloxías, e pensamos, por que non compartilo? O “Dev” fai mención ós Developers que son os integrantes, e como Developers non hai mellor cousa que englobalo entre </> para facer o guiño ás linguaxes de marcas como html, xml…

Ben é certo que cun xantar é máis doado que xurdan ideas…. Como son os vosos xantares?

Realmente o xantar en si mesmo é o punto final onde poder facer networking, compartir experiencias entre os asistentes e ter un acercamento máis directo cos conferenciantes das charlas. Polo demais, non deixa de ser un xantar como outro calquera. De feito, a nosa intención é animar a quen acuda ao xantar a que sexan os próximos conferenciantes.

No último meetup falouse de tecnoloxías entorno a construcións webs: Polymer, Docker, Node.js… No anterior levamos a cabo un taller de desenvolvemento móbil multiplataforma con Xamarin. Non temos unha periodicidade establecida xa que non son doados de preparar, pero o que si temos definido é que os xantares teñen que facerse un sábado pola mañá para que así a xente interesada de fóra poida vir.

E tamén <XantarDev/> coida a formación…

Máis que formación diría que é dar unha visión xeral ou concreta do que podes facer cunha tecnoloxía/linguaxe/plataforma/framework, etc… Podes coñecer esa ferramenta que te pode axudar no teu día a día, atopar a solución a un problema ou ver como mellorar os teus proxectos. O importante é que te vaias do meetup cunha visión ou idea, e logo cada un pola súa conta poida seguir experimentando. Na nosa profesión formarse é algo que se debe facer día a día e iso depende moito de cada un. Se logo de asistires a un XantarDev melloras profesionalmente e avanzas nunha tecnoloxía e queres voltar como conferenciante para amosalo, perfecto! Iso é facer comunidade en Galicia.

Toca falar de David Gonzalo:

Eu pódome definir como un profesional inquedo en constante aprendizaxe. Compaxino o meu traballo do día a día como Microsoft Development Consultant en Tokiota e coa miña startup Misit Life, na que gasto moitas horas tentando facer o que chaman emprendemento. E por se non tiña abondo, dende hai case un ano creamos XantarDev. Certo é que eu fun quen o impulsou dende o inicio, pero non o fixen só, o meu compañeiro Daniel Rey foi a outra parte daquel primeiro vermú, ademais doutros compañeiros coma Francisco Ferreiro, Darío Cerredelo e Iván Queipo, que aportan moita axuda.

Vexo que no voso meetup sodes 162 membros, coñecédesvos todos? Como se organiza un grupo tan numeroso?

Nin moito menos hahahah, non sei nin se coñecerei a metade dos membros, creo que só aos que participan vindo os meetups. Levamos soamente un ano de vida e a piques estivemos de non pasar do segundo meetup, pero con vontade, ánimos duns poucos e tempo, sobre todo tempo, todo se pode organizar.

E con tantos membros, haberá perfís do máis variopinto….ou non?

Pois si, e iso creo que é un punto que enriquece moitísimo. Dende un inicio non quixemos catalogar o meetup nunha tecnoloxía en concreto, se non todo o contrario para intentar atraer a canta máis xente mellor. Cando falei co equipo de Microsoft DX en España, que foron os primeiros en apoiar a idea, pareceulles perfecto se un día se falaba de Java, outro de Python, outro de JS, outro de Xamarin, outro de .NET… E así quizais o que hoxe é asistente nun evento o día de mañá pode ser o que se poña diante deles.

De feito, temos o grande reto por diante de iniciar a persoas doutros ámbitos, como pode ser o mundo do dereito nas comunidades, xa que todos temos algo que aportar. Neste caso un xurista poderianos falar da protección de datos.

Que é o que máis che aportan estes encontros?

A min persoalmente como organizador de XantarDev apórtame a satisfacción de poñer o meu gran de area en toda a comunidade. Creo que calquera que asista a eventos tecnolóxicos pode responder que este tipo de reunións che dan moito coñecemento e oportunidades. E cando me refiro a oportunidades, dígoo no senso de que podes atopar o teu seguinte destino laboral nun meetup.

Pronto contaredes con hosting propio, que vantaxes coidas que ofrecerá para a vosa comunidade?

Ter o noso propio hosting permitiranos crear un blog onde compartir e difundir eventos tanto nosos como doutras comunidades, tamén nos servirá de plataforma para experimentar novas tecnoloxías e dará visibilidade a todos os conferenciantes que colaboren coa comunidade. Do mesmo xeito poderanos servir para albergar contidos e facilitar que a xente os comparta, e por que non, para que xurdan ideas ou ben propostas de próximos eventos. Moitas grazas a dinahosting por apoiar á comunidade!

………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………..

Versión en castellano

XantarDEV, haciendo comunidad en Galicia

XantarDev nace en abril de 2016 con una clara intención: agrupar en una misma comunidad a profesionales del desarrollo web y de la programación. Queremos saber en que están metidos, y David Gonzalo, ¡incauto! respondió a todo lo que le preguntamos 🙂

Vaya nombre os gastáis, ¿de dónde viene <XantarDev/>?

El nombre de la comunidad viene de una sesión vermú entre amigos de trabajo que acabó en una comida en la que hablamos de experiencias, proyectos y tecnologías, y pensamos, ¿por qué no compartirlo? El“Dev” hace mención a los Developers que son los integrantes, y como Developers no hay nada mejor que englobarlo entre </> para hacer el guiño a los lenguajes de marcas como html, xml…

Es cierto que con una comida es más fácil que nazcan ideas…. ¿Cómo son vuestras comidas?

Realmente la comida en sí misma es el punto final donde hacer networking, compartir experiencias entre los asistentes y tener un acercamiento más directo con los conferenciantes de las charlas. Por lo demás, no deja de ser una comida como otra cualquiera. De hecho, nuestra intención es animar a quien acuda a la comida a que sean los próximos ponentes.

En el último meetup se habló de tecnologías entorno a construcciones webs: Polymer, docker, nodejs… En el anterior llevamos a cabo un taller de desarrollo móvil multiplataforma con Xamarin. No tenemos una periodicidad establecida ya que no son fáciles de preparar, pero lo que sí tenemos definido es que las comidas tienen que hacerse un sábado por la mañana para que así la gente interesada de fuera pueda venir.

Y también <XantarDev/> cuida la formación…

Más que formación diría que es dar una visión general o concreta de lo que puedes hacer con una tecnología/lenguaje/plataforma/framework, etc… Puedes conocer esa herramienta que te puede ayudar en tu día a día, encontrar la solución a un problema o ver como mejorar tus proyectos. Lo importante es que te vayas del meetup con una visión o idea, y luego cada uno por su cuenta pueda seguir experimentando. En nuestra profesión formarse es algo que se debe hacer día a día y eso depende mucho de cada uno. Si después de asistir a un XantarDev mejoras profesionalmente y avanzas en una tecnología y quieres volver como ponente para mostrarlo, ¡perfecto! Eso es hacer comunidad en Galicia.

Toca hablar de David Gonzalo:

Yo me puedo definir como un profesional inquieto en constante aprendizaje. Compagino mi trabajo del día a día como Microsoft Development Consultant en Tokiota y con mistartup Misit Life, en la que gasto muchas horas intentando hacer lo que llaman emprendimiento. Y por si no tenía suficiente, desde hace casi un ano creamos XantarDev. Es cierto que yo fui quien lo impulsó desde el inicio, pero no lo hice solo, mi compañero Daniel Rey fue la otra parte de aquel primer vermú, además de otros compañeros como Francisco Ferreiro, Darío Cerredelo e Iván Queipo, que aportan mucha ayuda.

Veo que en vuestro meetup sois 162 miembros, ¿os conocéis todos? ¿Cómo se organiza un grupo tan numeroso?

Ni mucho menos jajjaja, no sé ni siquiera si conoceré a la mitad de los miembros, creo que solo a los que participan en los meetups. Llevamos solamente un año de vida y estuvimos a punto de no pasar del segundo meetup, pero con voluntad, ánimos de unos pocos y tiempo, sobre todo tiempo, todo se puede organizar.

Y con tantos miembros, habrá perfiles de lo más variopinto….¿o no?

Pues sí, y eso creo que es un punto que enriquece muchísimo. Desde un inicio non quisimos catalogar el meetup en una tecnología en concreto, sino en todo lo contrario para intentar atraer a cuanta más gente mejor. Cuando hablé con el equipo de Microsoft DX en España, que fueron los primeros en apoyar la idea, les pareció perfecto si un día se hablaba de java, otro de python, otro de JS, otro de Xamarin otro de .NET… Y así quizás el que hoy es asistente en un evento el día de mañana puede ser el que se ponga delante de ellos.

De hecho, tenemos el gran reto de iniciar a personas de otros ámbitos, como puede ser el mundo del derecho en las comunidades, ya que todos tenemos algo que aportar. En este caso un jurista nos podría hablar de la protección de datos.

¿Qué es lo que más te aportan estos encuentros?

A mí personalmente como organizador de XantarDev me aporta la satisfacción de poner mi granito de arena en toda la comunidad. Creo que cualquiera que asista a eventos tecnológicos puede responder que este tipo de reuniones te dan mucho conocimiento y oportunidades. Y cuando me refiero a oportunidades, lo digo en el sentido de que puedes encontrar tu siguiente destino laboral en un meetup.

Pronto contaréis con hosting propio, ¿qué ventajas piensas que ofrecerá a vuestra comunidad?

Tener nuestro propio hosting nos permitirá crear un blog donde compartir y difundir eventos tanto nuestros como de otras comunidades, también nos servirá de plataforma para experimentar nuevas tecnologías y dará visibilidad a todos los conferenciantes que colaboren con la comunidad. De la misma forma nos servirá para albergar contenidos y facilitar que la gente los comparta, y por que no, para que nazcan ideas o propuestas de próximos eventos. ¡Muchas gracias a dinahosting por apoyar a la comunidad!


Avatar de Comunicación Dinahosting

Comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Newsletter

Suscríbete y recibe periódicamente consejos muy útiles para tu web y ecommerce 🙂 Además, te regalamos
3 guías
: Digitalización, WordPress y Ciberseguridad.

Conviértete en afiliado

Gana dinero recomendando dinahosting a todo el mundo.