Que pasa na costa

Xornalismo Cidadán con selo Costa da Morte

|

Tiempo de lectura: 11 minutos

Actualizado el jueves, 27 julio, 2023

Tienes una versión en castellano de esta entrevista al final del post

Hoxe entrevistamos a Ubaldo Cerqueiro, xornalista e responsable do diario dixital Que pasa na Costa. Xa van case 10 anos informando dende e sobre a Costa da Morte, e os que lles quedan!

Levades case dez anos de andaina… Sabedes xa Que pasa na Costa?

Saber, saber… Polo menos coñecemos unha marea de cousas que acontecen pola volta, pero todas, todas, é imposible. O que si que “nos enche de orgullo e satisfacción” é ver que a día de hoxe a xente de Carnota ten máis cousas en común coa de Ponteceso; que un veciño de Fisterra sabe como andan as tornas por Corme. E esa idea de vertebrar a Costa da Morte a través da rede era un dos obxectivos cos que nacía o diario.

Canta xente visita o voso xornal a diario? A cantos concellos dades cobertura?

Damos cobertura a 18 concellos da volta, dende Muros ata Carballo-Malpica, pasando por Mazaricos e Santa Comba. Hai unha poboación estimada de 120.000 persaos na zona, e temos unha comunidade que supera os 20.000 usuarios, entre o diario e as redes sociais. Non quere dicir que todos visiten o diario cada día, pero si cada semana ou cada 15 días. Agora mesmo, superamos con creces as 3.000 visitas diarias.

Lembrádesvos dos comezos? Alá polo ano 2007…

Claro que nos lembramos. Foi unha etapa ben fermosa. QPC nacía baixo o paraugas dunha pequena empresa de marketing online en Corcubión. Era a prehistoria dixital para unha zona illada historicamente como a Costa da Morte, e a veciñanza, que nos acolleu de marabilla (a maioría eramos da Coruña, Ferrol… e chegamos á zona “por amor”), non tiña nin idea do que facíamos.

Uns anos despois fixemos un vídeo ben simpático sobre o que pensaban os nosos, xa amigos, veciños de Corcubión.

Neste tempo, foi moita a evolución no uso das tecnoloxías. Sendo Que pasa na Costa un diario dixital, que novidades introduciu?

Sen dúbida a entrada das redes sociais e os dispositivos móbiles cambiaron o xeito de ler a información diaria. Ata ben entrado o 2010 nós non abrimos páxina de Facebook (agora superamos os 18.000 siareiros) e lembro que a min ao principio non me gustaba nada. Agora, o 50% das nosas visitas chegan a través do que compartimos nós no noso Facebook, pero tamén no que comparte a xente nos seus muros.

Máis incide aínda o tema dos dispositivos móbiles. Hoxe, 3 de 4 entradas chegan a través deles, cada día hai menos xente que se senta diante do “ordeñador”…

Hoxe sodes unha referencia informativa na Costa da Morte. En que vos apoiastes para conseguilo? Cales son os vosos valores?

O noso meirande valor é a #ComunidadeQPC. Ao sermos unha redacción pequeniña, sempre apostamos por darlle voz a todos eses veciños que teñen gañas de contar o que pasa ao seu redor. A día de hoxe, con tanta información a nivel mundial, a xente quere saber o que pasa na súa aldea, e por iso a información hiperlocal está tan demandada. O Fútbol da Costa é un claro exemplo. Na zona coñecen máis a Leo, o punta do Cee, que a Florin Andone. E aí nós soubemos aproveitar ese impulso social do deporte rei da zona para crear unha plataforma de resultados, un álbum de cromos, unha gala de premios, un congreso de adestradores…

Volvendo á Comunidade, ás veces, nos foros xornalísticos, é difícil falar deste concepto, pero cremos sinceiramente que o Xornalismo Cidadán é unha realidade na Costa da Morte. Somos un exemplo perfectamente exportable da interactuación dos lectores coa redacción, porque sempre respectamos a autoría das imaxes ou das informacións, aportando o obrigatorio grao de responsabilidade xornalística.

E que vos diferencia dos demais?

Creo que esa interacción é clave. E conto unha historia que se remonta a 2006 e que liga precisamente con este pasado verán. Lembrades todos aquela vaga de lumes que invadiu o país en 2006. Aqueles días Dani Cerqueiro e Javier Calaza atopáronse na oficina, cas lapas practicamente comendo a vila, pero sen información ningunha sobre como actuar, sobre se a cousa ía ser tan grave como para ter que evacuar.

O ano pasado, 10 anos despois, a través do Twitter e do Facebook, en apenas 2 días nos que houbo dous incendios importantes, publicamos máis de 200 fotos que nos enviaban os nosos lectores por todas as canles. Non eran imaxes de gran calidade fotográfica, pero si informativa, e iso é o que cremos máis importante.

Qué pasa na Costa

Que acontecementos dos que ocorreron na Costa da Morte vivíchedes cunha maior intensidade?

Seguramente a Operación Orquesta foi o acontecemento máis importante que temos vivido como xornal. Permitiunos investigar, denunciar, contar… Foi unha gran experiencia que nos serviu para coñecer moito mellor como pulsa a Costa da Morte… e que aínda non rematou.

Despois temos vivido lumes, a resaca do Prestige, centos de accidentes, algúns cercanos, os retrasos das míticas promesas politiqueiras que sempre esquecen a nosa zona, moito fútbol… e festas! A verdade é que lembramos con moito cariño os anos nos que acabamos involucradísimos en festas como o Mercado Medieval de Corcubión ou o Asalto ao Castelo de Vimianzo.

Con todo, o momento que máis cariño gardo de toda esta etapa no diario, é a miña primeira entrevista, que foi a María Amelia, aquela avoa blogueira de Muxía que recibiu centos de premios de todo o mundo pola súa andaina na rede aos seus 95 anos.

Cal foi a noticia que nunca quixéchedes dar? E a que soñades con escribir algún día?

Hai centos de novas que nunca queres dar. Eses accidentes mortais que acontecen cada mes nas nosas estradas, ou no noso mar bravo…Hai veces que che deixan consternado por varios días.

E soñar, soñamos algún día con anunciar que unha promesa dun político se cumpliu en tempo e forma. Pero para iso están os soños, para soñar.

A unha redacción chegan chamadas de todo tipo. Cal foi a máis sorprendente/histriónica/temerosa que recibistes nunca?

Ui… Temos recibido ameazas incribles… Xentes que aseguran que che van denunciar, que insultan… Lembro algún alcalde que nos anulou a campaña publicitaria nunhas eleccións municipais porque non lle gustaba un titular… En fin…

Hai tamén chamadas ben fermosas. Cando fas unha reportaxe e te chaman para felicitarche, ou cando fas unha denuncia e che dan as gracias porque serviu para algo, é tremendamente gratificante, e ves que o teu traballo serve, realmente, para algo.

De onde proceden os recursos que manteñen vivo este xornal? De que forma poden colaborar os lectores?

Os lectores poden axudar pinchando e lendo QPC máis e máis, porque nós vivimos da publicidade. Nese sentido, nós o que lle ofrecemos aos clientes é número de impresións e visitantes, que ven os seus banners no noso diario.

Ademais, temos algunha colaboración dos Concellos, servindo de altofalante das actividades municipais sociais e culturais.

O futuro: seguir aí, alomenos, outros dez non? Como volo imaxinades?

A verdade é que a cousa pinta ben. Ben é certo que é complicado aumentar o número de visitantes tendo en conta que 1 de 6 habitantes da nosa comarca son usuarios de QPC, e tendo en conta que falamos dunha das comarcas máis envellecidas de Galicia, e coas peores conexións. Pero cremos que o diario xa é unha referencia informativa, a máis grande a través da rede na zona; cremos que somos un exemplo que se pode dar en calquera comarca de Galicia, e cremos que podemos afianzar un proxecto xornalístico independente con 5-3 postos de traballo. Estamos no camiño de conseguir estabilizarnos.

E a Costa da Morte, cales son os retos máis importantes aos que se enfronta?

As comunicacións son o gran cabalo de batalla. A media autovía que nos veñen de abrir é un pequeno parche. Aínda queda a outra media entre Baio e Cee. E sobre todo queda o servizo de transporte colectivo. Os buses son unha auténtica vergoña, e a loita polo famoso Tren das 3C (Coruña, Carballo, Corcubión) parece unha quimera.

En materia turística hai moito por facer. Hai moito futuro, pero moitas barreiras por superar, como a falta de profesionalidade ou os famosos “localismos” (“minifundismo mental”, como din algúns). Creo que nese sentido, QPC tamén ten posto o seu gran de area para que a xente se sinta tanto da Costa da Morte coma do seu lugar. Hai moito camiño por facer!

Sexa como sexa, na dinahosting encantaríanos acompañarvos 😀

Pois a verdade é que destacades polo servizo de atención ao cliente. Ter 24 horas unha voz, en galego, á túa disposición, sempre se agredece, e máis para un proxecto coma o noso que ten que estar activo practicamente 24 horas ao día. Ben é certo que aí atrás tivemos algúns problemas porque o servidor que nos ofrecíades non era o suficientemente potente, pero a verdade é que a resposta foi bastante rápida e eficiente. Parece que teremos unha longa relación… doutros 10 anos!

……………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………

Versión en castellano

Periodismo Ciudadano con sello Costa da Morte

Hoy entrevistamos a Ubaldo Cerquero, periodista y responsable del diario digital Que pasa na Costa. Ya van casi 10 años informando desde y sobre A Costa da Morte, ¡y los que les quedan!

Lleváis casi diez años de andadura… ¿Sabéis ya Que pasa na Costa?

Saber, saber… Por lo menos conocemos un montón de cosas que pasan a nuestro alrededor, pero todas, todas, es imposible. Lo que sí que “nos llena de orgullo y satisfacción” es ver que a día de hoy la gente de Carnota tiene más cosas en común con la de Ponteceso; que un vecino de Fisterra sabe como van las cosas por Corme. Y esa idea de vertebrar a A Costa da Morte a través de la red era uno de los objetivos con los que nacía el diario.

¿Cuánta gente visita vuestro periódico a diario? ¿A cuántos ayuntamientos dais cobertura?

Damos cobertura a 18 ayuntamientos, desde Muros hasta Carballo-Malpica, pasando por Mazaricos y Santa Comba. Hay una población estimada de 120.000 personas en la zona, y tenemos una comunidad que supera los 20.000 usuarios, entre el diario y las redes sociales. No quiere decir que todos visiten el diario cada día, pero sí cada semana o cada 15 días. Ahora mismo, superamos con creces las 3.000 visitas diarias.

¿Os acordáis de los comienzos? Allá por el año 2007…

Claro que nos acordamos. Fue una etapa muy hermosa. QPC nacía bajo el paraguas de una pequeña empresa de marketing online en Corcubión. Era la prehistoria digital para una zona aislada históricamente como A Costa da Morte, y el vecindario, que nos acogió de maravilla (la mayoría éramos de A Coruña, Ferrol… y llegamos a la zona “por amor”), no tenía ni idea de lo que hacíamos.

Unos años después hicimos un vídeo bien simpático sobre lo que pensaban los nuestros, ya amigos, vecinos de Corcubión.

En este tiempo, fue mucha la evolución en el uso de las tecnologías. Al ser Que pasa na Costa un diario digital, ¿qué novedades introdujo?

Sin duda la entrada de las redes sociales y los dispositivos móviles cambiaron la manera de leer la información diaria. Hasta bien entrado el 2010 no abrimos página de Facebook (ahora superamos los 18.000 seguidores) y recuerdo que a mí al principio no me gustaba nada. Ahora, el 50% de nuestras visitas llegan a través de lo que compartimos nosotros en nuestro Facebook, pero también de lo que comparte la gente en sus muros.

Más incide aún el tema de los dispositivos móviles. Hoy, 3 de 4 entradas llegan a través de ellos, cada día hay menos gente que se sienta delante del ordenador…

Hoy sois una referencia informativa en A Costa da Morte. ¿En qué os apoyasteis para conseguirlo? ¿Cuáles son vuestros valores?

Nuestro mayor valor es la #ComunidadeQPC. Al ser una redacción pequeñita, siempre apostamos por darle voz a todos esos vecinos que tienen ganas de contar lo que pasa a su alrededor. A día de hoy, con tanta información a nivel mundial, la gente quiere saber lo que pasa en su aldea, y por eso la información hiperlocal está tan demandada. El Fútbol da Costa es un claro ejemplo. En la zona conocen más a Leo, el punta del Cee, que a Florin Andone. Y ahí nosotros supimos aprovechar ese impulso social del deporte rey de la zona para crear una plataforma de resultados, un álbum de cromos, una gala de premios, un congreso de entrenadores…

Volviendo a la Comunidad, a veces, en los foros periodísticos, es difícil hablar de este concepto, pero creemos sinceramente que el Periodismo Ciudadano es una realidad en A Costa da Morte. Somos un ejemplo perfectamente exportable de la interacción de los lectores con la redacción, porque siempre respetamos la autoría de las imágenes o de las informaciones, aportando el obligatorio grado de responsabilidad periodística.

¿Y qué os diferencia de los demás?

Creo que esa interacción es clave. Y cuento una historia que se remonta a 2006 y que liga precisamente con este pasado verano. Recordáis todos aquella ola de fuegos que invadió el país en 2006. Aquellos días Dani Cerquero y Javier Calaza se encontraron en la oficina, con las llamas prácticamente comiendo el pueblo, pero sin información alguna sobre cómo actuar, sobre si la cosa iba a ser tan grave como para tener que evacuar.

El año pasado, 10 años después, a través del Twitter y del Facebook, en apenas 2 días en los que hubo dos incendios importantes, publicamos más de 200 fotos que nos enviaban nuestros lectores por todos los canales. No eran imágenes de gran calidad fotográfica, pero sí informativa, y eso es lo que creemos más importante.

¿Qué acontecimientos de los que ocurrieron en A Costa da Morte vivisteis con una mayor intensidad?

Seguramente la Operación Orquesta fue el acontecimiento más importante que vivimos como periódico. Nos permitió investigar, denunciar, contar… Fue una gran experiencia que nos sirvió para conocer mucho mejor como funciona A Costa da Morte… y que aún no finalizó.

Después hemos vivido fuegos, la resaca del Prestige, cientos de accidentes, algunos cercanos, los retrasos de las míticas promesas políticas que siempre olvidan nuestra zona, mucho fútbol… ¡y fiestas! La verdad es que recordamos con mucho cariño los años en los que acabamos involucradísimos en fiestas como el Mercado Medieval de Corcubión o el Asalto ao Castelo de Vimianzo.

Con todo, el momento que más cariño guardo de toda esta etapa en el diario, es mi primera entrevista, que fue a María Amelia, aquella abuela bloguera de Muxía que recibió cientos de premios de todo el mundo por su andadura en la red a sus 95 años.

¿Cuál fue la noticia que nunca quisisteis dar? ¿Y la que soñáis con escribir algún día?

Hay cientos de noticias que nunca quieres dar. Esos accidentes mortales que ocurren cada mes en nuestras carreteras, o en nuestro mar… En ocasiones te dejan consternado por varios días.

Y soñar, soñamos algún día con anunciar que una promesa de un político se cumplió en tiempo y forma. Pero para eso están los sueños, para soñar.

A una redacción llegan llamadas de todo tipo. ¿Cuál fue la más sorprendente/histriónica/temerosa que recibisteis nunca?

Ui… Hemos recibido amenazas increíbles. Personas que aseguran que te van a denunciar, que insultan… Recuerdo algún alcalde que nos anuló la campaña publicitaria en unas elecciones municipales porque no le gustaba un titular… En fin…

Hay también llamadas bien hermosas. Cuando haces un reportaje y te llaman para felicitarte, o cuando haces una denuncia y te dan las gracias porque sirvió para algo, es tremendamente gratificante, y ves que tu trabajo sirve, realmente, para algo.

¿De dónde proceden los recursos que mantienen vivo este periódico? ¿De que forma pueden colaborar los lectores?

Los lectores pueden ayudar saltando y leyendo QPC más y más, porque nosotros vivimos de la publicidad. En ese sentido, nosotros lo que le ofrecemos a los clientes es número de impresiones y visitantes, que ven sus banners en nuestro diario.

Además, tenemos alguna colaboración de los ayuntamientos, sirviendo de altavoz de las actividades municipales sociales y culturales.

El futuro: seguir ahí, al menos, otros diez ¿no? ¿Cómo os lo imagináis?

La verdad es que la cosa pinta bien. Bien es cierto que es complicado aumentar el número de visitantes, teniendo en cuenta que 1 de cada 6 habitantes de nuestra comarca son usuarios de QPC, y que hablamos de una de las comarcas más envejecidas de Galicia y con las peores conexiones. Pero creemos que el diario ya es una referencia informativa, la más grande a través de la Red en la zona; creemos que somos un ejemplo que se puede dar en cualquier comarca de Galicia, y creemos que podemos afianzar un proyecto periodístico independiente con 5-3 puestos de trabajo. Estamos en el camino de conseguir estabilizarnos.

Y la Costa da Morte, ¿cuáles son los retos más importantes a los que se enfrenta?

Las comunicaciones son el gran caballo de batalla. La media autovía que nos vienen de abrir es un pequeño parche. Aún queda la otra media entre Baio y Cee. Y sobre todo queda el servicio de transporte colectivo. Los buses son una auténtica vergüenza, y la lucha por el famoso Tren de las 3C (Coruña, Carballo, Corcubión) parece una quimera.

En materia turística hay mucho por hacer. Hay mucho futuro, pero muchas barreras por superar, como la falta de profesionalidad o los famosos “localismos” (“minifundismo mental”, como dicen algunos). Creo que en ese sentido, QPC también ha puesto su grano de arena para que la gente se sienta tanto de la Costa da Morte como de su lugar. ¡Hay mucho camino por hacer!

Sea como sea, en dinahosting nos encantaría acompañaros 😀

Pues la verdad es que destacáis por el servicio de atención al cliente. Tener 24 horas una voz, en gallego, a tu disposición, siempre se agredece, y más para un proyecto como el nuestro que tiene que estar activo prácticamente 24 horas al día. Bien es cierto que ahí atrás tuvimos algunos problemas porque el servidor que nos ofrecíais no era lo suficientemente potente, pero la verdad es que la respuesta fue bastante rápida y eficiente. Parece que tendremos una larga relación… ¡de otros 10 años!


Avatar de Adriana Freire

Comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Newsletter

Suscríbete y recibe periódicamente consejos muy útiles para tu web y ecommerce 🙂 Además, te regalamos
3 guías
: Digitalización, WordPress y Ciberseguridad.

Conviértete en afiliado

Gana dinero recomendando dinahosting a todo el mundo.